A importancia da castaña en Galicia
O castiñeiro leva dende tempos remotos dando foitos para alimentar persoas e animais e inclusio serviu como moeda de cambio. Actualmente a castaña galega é a única marca de calidade recoñecida en España coa Indicación Xeográfica Protexida (IXP).
A castaña foi (e sigue sendo) fundamental na alimentación aínda que actualmente consúmese sobretodo durante o outono. Hoxe en día moitos establecementos e produtores traballan co obxetivo de desestacionalizar o seu consumo e volvela a levar aos fogares galegos.
Historia da castaña:
A castaña leva na nosa terra dende fai uns 12.000 anos, ainda que non foi ata a romanización cando comezou a extenderse o seu cultivo. Chegou a ser un alimento tan básico como a pataca (de feito, a pataca era coñecida como a 'castaña da terra')
O cultivo da castaña era considerado o segundo máis rentable tras os viñedos. Os señores forais concedían unha terra a un foreiro a cambio de 'facer, chantar ou poboar un souto' e esixían o pago con castañas secas.
A chegada do millo e da pataca roubaronlle o protagonismo pero o castiñeiro seguiu poboando os nosos montes. É unha árbore moi agradecida, ainda que non reciba coidados pode chegar a vivir 1000 anos. Desta árbores aprovéitase todo: a madeira, os ourizos e cáscaras como combustible, e as castañas que as comían tanto persoas como animáis.
Variedades da castaña:
En Galicia contamos con un terreo adecuado para o crecemento dos castiñeiros. A comunidade galega ten arrededor do 60% da produción nacional de castaña. Conservamos unha pureza de variedades increíble, hai aproximadamente entre 80 e 100 variedades de Castanea Sativa en Galicia.
A castaña obtivo no 2009 o sello de Indicación Xeográfica protexida onde, a parte de proporcionar prestixio e recoñecemento, se recolle as caracterísiticas deste alimento como os procesos aos que pode ser sometido, o tratamento dos castaños ou o correcto etquetado que garantiza que é Castaña de Galicia.
Comentarios
Publicar un comentario