Onde pasar un Magosto tradicional?

O magosto é unha das festas galegas máis populares, estreitamente unida ao Samaín que conmemora a chegada do Outono e das novas colleitas. Ademais dunha festa de grande importancia na nosa comunidade, o magosto tamén é a fogueira preparada para asar as castañas entorno a cal se reúnen os veciños para compartilas e beber viño novo recén feito da vendimia.

O magosto está unido a tradición celta: os castaños centenarios están asociados co ciclo vital, a recollida das colleiras, a celebración da vendimia e o lume son elementos purificadores. A festa está unida co Día de Todos os Santos e dise que as castañas representan a alma dos defuntos e concada unha delas unha alma abandona o Purgatorio e únese a festa.

É entre o 1 e o 11 de Novembro (día do San Martiño) cando o Magosto vive o seu maior esplendor. A festa é celebrada en toda Galiza, principalmente na provincia de Ourense. Pero hai moitos lugares onde se desfruta a costume ancestral de xuntarse onda unha fogueira en familia, con amigos e vecindade asando castalas e catando os viños das novas colleitas. 


O Magosto e o San Martiño na cidade de Ourense:

O magosto en Ourense vai unido xunto coa celebración do San Martiño. Os veciños bótanse ao monte e dedícanse a asar castañas, pero tamén hai sitio para os chourizos, as costelas, o viño da terra e o imprescindible licor café. Nesta cidade, o Magosto é Festa de Interese Turístico e celébrase entre o 8 e o 11 de Novembro en distintas prazas da localidade. 





Festa da Castaña en Folgoso do Courel (Lugo): 

Durante toda a xornada pódese ver a elaboración do Magosto de forma tradicional e degustar de forma gratuíta castañas asadas e viño. Todo isto acompañado de actuacións musicais, talleres, demostración de temática variada, e postos de venta de produtos locais e artesanía. É unha festa celebrada dende o ano 1986 e no ano 2013 foi declaraada Festa de Interese Turístico de Galicia.


Festa da castaña en Vila de Cruces (Pontevedra):

Esta localidade pontevedresa rinde homenaxe ao fruto otounal por execelencia, a castaña. A festa celébrase cada ano na praza Xoan Carlos I, onde ten lugar o tradicional Magosto Popular, coa degustación de castañas e viño do país. Os asistentes tamén poderán desfrutar dunha feria de produtos típicos de temporada.


Festa da Castaña e do Cogumelo en Riós (Ourense):

Durante os días 2 e 3 de Novembro cellébrase na comarca de Verín a tradicional festa da castaña e do cogumelo que ensalza estos dous produtos típicos da estación outonal.

É tamén unha festa declarada de Interese Turístico de Galicia, que se celebra con un amplo programa no que se inclúe a Ruta da Castala, concursos de fotografía e pasarúas, e que remata o día 3 coa entrega da Castaña de Ouro a uha persoa relevante da comunidade. Para rematar, unha degustación de castañas e outros produtos típicos da zona.




Se coñeces algún sitio máis onde pasar un bo magosto tradicional, escríbenos nos comentarios. 

Voltamos pronto con máis tradicións!


Comentarios

Publicacións populares

🌰🌰🌰 Enlaces de interese 🌰🌰🌰