(Receita) Crema de castañas e chocolate
A crema de castañas e chocolate é un postre perfecto tanto para unha celebración outonal como para toda época do ano.
Ingredientes que necesitamos:
- 300gr de castañas
- 400ml de leite
- 3 ovos
- 100gr de azucre
- 75gr de chocolate de cobertura
Pasos a seguir:
- Facemos un pequeno corte a cada castaña para poder pelalas meior e que se fagan máis rapidamente.
- Poñemos a ferver as castañas con un pouco de auga duranre 30 minutos
- Unha vez frías introdúcense na batidora con un pouco de leite e triturámolas ata conseguir unha masa uniforme.
- Nunha cunca batimos os ovos co azucre ata conseguir que doblen o seu tamaño e adquiran unha cor pálida.
- Fervemos nun cazo unha pouca leite e vamos incorporando a mistura de ovos e azucre.
- Engadimos a mezcla as castañas trituradas e seguimos removendo ata que se integren ben todos os sabores.
- Engadimos o chocolate e cando este completamente fundido estará listo para servilo.
Que vos pareceu esta receita? Deixade a vosa opinión nos comentarios.
Vémonos pronto con novas receitas!
Comentarios
Publicar un comentario